PERFIL PROXECTOS
GAL ESP ENG

Cartel, 1984. Exposición de arte urbana

Deseño de cartel e adaptacións gráficas para unha exposición de arte urbana galega feita por mulleres. Inspirada pola película Beat Street, en 1984, unha rapaza de 16 anos creou o primeiro graffiti documentado en Galicia. A portada da banda sonora desta película foi tamén usada como referencia para a gama cromática do cartel. A exposición fixo un percorrido histórico a través de obras e materiais de artistas urbanas dende 1984 ata 2023.

Comisarias: Amabel González Troncoso e Clara Rodríguez Cordeiro 7H
Sala de exposicións: Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)
Tipografía: Sixten

Dobre álbum coa banda sonora da película Beat Street (1984)